martes, 10 de diciembre de 2019

Obra de teatro

Na biblio sempre estamos argallando diferentes maneiras de atraer ós nosos cativos e cativas a novas lecturas. Nesta ocasión, preparamos un Got Talent para elexir aos actores dunha obra de teatro. Houbo unha gran participación, quedamos moi contentos!!!

Unha vez feito o reparto dos papeis, tocou estudar o guión a fondo. Tivemos que aprender tamén o dos compañeiros (para saber cando falar e cando non!).
Ensaiamos e ensaiamos, estivemos moitos patios e algunhas tardes...finalmente, puidemos probar os disfraces e maquilláronnos, como auténticos actores e actrices!! 


O xoves 5 de decembro estreamos a obra!




Personaxes:

RATIÑA


RATIÑO


ÁRBORE


CAN


PORCO


GALO


BURRO


GATO


SOL


ROSIÑA


NARRADORA


Foi todo un éxito, tivemos un público ben agradecido!!!


(se queres ver a obra pincha na imaxe)

E como recompesa polo gran esforzo...
 un agasallo co que rirse un pouco!!!



Noraboa rapaces!!!

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración 
e o esforzo que lles supuxo traelos a ensaiar.

Grazas!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario