miércoles, 24 de octubre de 2018

Día das bibliotecas escolares

O 24 de outubro conmemoramos no cole o día das bibliotecas.


Entre todos os nenos e nenas fixemos un mural decorado con títulos e personaxes de contos moi coñecidos.

Os máis cativos e cativas fomos á biblioteca a coñecer a historia de Cascabela, a mascota da nosa biblio, que é a que se encarga de contar os libros que lemos e de darnos un agasallo cando rematamos o pasaporte de lectura.


Tamén vimos un corto "El increíble niño comelibros", que nos amosou a importacia da lectura para o enriquecemento persoal.



preme na imaxe

Por último disfrutamos dun capítulo dos Bolechas, posto que é a colección máis longa que temos no cole, e das máis solicitadas polos nenos e nenas.



preme na imaxe

Repartíronnos os pasaportes de lectura!! Así que no recreo os máis pillabáns corremos a coller un libro!!



FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS



No hay comentarios:

Publicar un comentario