Foron varios os atrevidos:
O luns veu Lorena e relatounos "La princesa y el fantasma FU"
O martes foi Elisa quen nos contou "Feliz Halloween"
e tamén Alberto intentou asustarnos cunha historia terrorífica.

O xoves foi Daniel o que nos revolucionou a biblioteca... pois no seu conto as letras agocháronse pola aula

María tamén se animou o xoves para relatarlle un conto de medo aos nenos e nenas de 4º e 5º.

E o venres Eva contounos dúas historias "Gato Guille e os monstros" e " O Zampón".

Grazas familias pola vosa colaboración.


No hay comentarios:
Publicar un comentario