Para celebrar a "Semana do Libro" leváronse a cabo no centro diversas actividades, entre elas a visita do autor:
ANTONIO MANUEL FRAGA acudíu á Biblioteca do cole para manter unha charla-coloquio co alumnado de 5º e 6º sobre a súa obra "O Castañeiro de Abril", libro que os nenos/as leron con anterioridade nas aulas.
Fraga deulle resposta a todas as preguntas plantexadas e asinou todos os libros, deixándonos un exemplar adicado para o centro.
Celebramos tamén a "Carreira pola lectura" moi esperada polo alumnado, que o deron todo por chegar os primeiros.
A nivel de Concello, foron varios os colexios (entre eles Portosín) os que se animaron a levar unha obra de teatro á Casa da Cultura de Porto do Son. Os nosos pequenos actores interpretaron " O MUNDO MÁXICO DE PABLITO".
No hay comentarios:
Publicar un comentario