martes, 26 de noviembre de 2013

As Contadas

Para  celebrar o Día Internacional da Infancia, os rapaces e rapazas do IES Porto do Son invitaron aos máis cativos (infantil e primeiro) ao seu centro para relatarnos "As contadas", seis contos narrados cunha pequena escenificación. Algúns deles xa coñecidos polos nosos nenos e nenas...




Os anfitrións tratáronnos con moito agarimo, recibíronnos na porta, axudáronnos a baixar as escaleiras e a acomodarnos nas butacas. 
 

 
 

Ao final pediron un voluntario para contar a historia de "Carapuchiña Vermella", aínda que foi máis dunha narradora a que se animou.
 
 


Para rematar, e por portarnos tan ben, déronnos unha lambetada.
Grazas rapaces por contar connosco!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario