lunes, 6 de mayo de 2013

DÍA DO LIBRO. V CARREIRA POLA LECTURA


Como cada ano, celebramos no noso colexio o Día do Libro coa Carreira pola Lectura. A diferenza doutros anos, nos que só se facía a carreira, este curso decidimos facer algo especial por ser a 5ª edición.
Participaron con nós os do colexio de Nebra e contamos coa presenza de Jesús Bernal e Antonio Riera que colaboraron desinteresadamente nas actividades previas á carreira.
Jesús Bernal (fillo de Julián Bernal, atleta plusmarquista mundial aos 90 anos) é un funcionario xubilado da Administración, amante do atletismo, que dedica parte do seu tempo a entrenar e participar en carreiras (desde 10.000 m ata maratóns, dentro e fóra de España). Deu unha charla aos nenos/as de 2º e 3º ciclos sobre a importancia do esforzo, a constancia e a forza de vontade tanto no ámbito do deporte como no estudo e faloulles da carreira deportiva do seu pai.
Antonio Riera, mestre xubilado, é asimesmo un atleta consagrado que tamén participa nas distintas modalidades de carreiras.
Acompañado do seu fillo Martiño, explicou aos nenos/as de Infantil e 1º ciclo catro das distintas modalidades do atletismo: salto de lonxitude, salto de vallas, lanzamento de xavelina e lanzamento de peso. Explicou brevemente as características de cada unha e despois puxéronse en práctica no patio do colexio.
Ás 11:30 deu comezo a V Carreira pola Lectura na que os alumnosos/as de Portosín e de Nebra competiron por cursos. Cando remataron os nenos/as, chegou o turno dos adultos; profes, pais/nais, avós... e os nosos invitados Antonio, Jesús e Martiño que non quixeron abusar das súas aptitudes e tomárono con calma.
Este ano, os dorsais, feitos polos nenos/as, representaban o Universo.
Foi unha boa experiencia tanto para os nenos/as como para os adultos que gozamos dunha xornada especial de convivencia na que o obxectivo principal é fomentar a importancia do esforzo e a perseveranza tanto a nivel intelectual como físico: MENS SANA IN CORPORE SANO.




No hay comentarios:

Publicar un comentario