martes, 10 de diciembre de 2019

Obra de teatro

Na biblio sempre estamos argallando diferentes maneiras de atraer ós nosos cativos e cativas a novas lecturas. Nesta ocasión, preparamos un Got Talent para elexir aos actores dunha obra de teatro. Houbo unha gran participación, quedamos moi contentos!!!

Unha vez feito o reparto dos papeis, tocou estudar o guión a fondo. Tivemos que aprender tamén o dos compañeiros (para saber cando falar e cando non!).
Ensaiamos e ensaiamos, estivemos moitos patios e algunhas tardes...finalmente, puidemos probar os disfraces e maquilláronnos, como auténticos actores e actrices!! 


O xoves 5 de decembro estreamos a obra!




Personaxes:

RATIÑA


RATIÑO


ÁRBORE


CAN


PORCO


GALO


BURRO


GATO


SOL


ROSIÑA


NARRADORA


Foi todo un éxito, tivemos un público ben agradecido!!!


(se queres ver a obra pincha na imaxe)

E como recompesa polo gran esforzo...
 un agasallo co que rirse un pouco!!!



Noraboa rapaces!!!

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración 
e o esforzo que lles supuxo traelos a ensaiar.

Grazas!!!!

martes, 29 de octubre de 2019

Día das bibliotecas escolares

Este 24 de outubro celebramos o Día das bibliotecas escolares :



Decoramos as escaleiras cas fotos dos nenos e nenas recomendando un libro da nosa biblio... Fíxolles moita ilusión verse, e tamén investigar que libros propoñían os compañeiros e compañeiras...




Houbo sesións de contacontos para os máis cativos:

Para os máis pequenos de 3 anos...



Para os nenos e nenas de 4 a 7 anos contamos...






E, para  3º e  4º curso...


No que traballaron as emocións a través dos

 "Superpoderes da lectura"


 Aproveitamos este día, para presentar os novos 
colaboradores da biblioteca!! 


Estamos moi contentos de que veñan tódolos recreos a botarnos unha man para colocar libros, recomendar as mellores historias e transmitir as normas da biblio aos máis pequenos 

 grazas rapaces!!!



sábado, 26 de octubre de 2019

Mercadillo fin de curso

Despedimos o curso co último mercadillo no que os máis lectores de cada curso viñeron a mercar cos seus "contodólares"
 o que máis lles gustou!!








Non podemos deixar de felicitar ao maior devorador de libros da nosa biblioteca!!
Con máis de sesenta libros lidos!!!


Noraboa campeón!!!

miércoles, 22 de mayo de 2019

Semana das Letras Galegas

Para conmemorar esta data, dende a biblioteca convidamos a  
"Elisa Maneiro"

Presentouse como unha científica que estudaba as emocións!!



Comezou cos máis pequenos cun " Taller de emocións "

Leu uns contos onde aprendemos a identificar as diferentes emocións


Logo puxo unhas gafas máxicas para atopar un cabaleiro e unha emperatriz


Contounos a súa historia, foi divertidísimo!!!
Por último ensinounos uns exercicios para expulsar o negativo e atopar a nosa forza vital


Que ben o pasamos!!!

Tocoulle a quenda a 1º,2º e 3º
Con eles traballou a "A fórmula das emocións"


Estivemos moi atentos...


Non paramos de rir...


Os últimos en vir a biblio foron 4º,5º e 6º
Con eles traballou "Historia da Mitoloxía Grega"
Estes tiveron un pouco de medo,
 pois cando entraron atopáronse con isto...


Mais non tardaron en vir os sorrisos e por último as gargalladas



Grazas Elisa, agardámoste de novo!


XI CARREIRA POLA LECTURA

Esta carreira sempre está inmersa no proxecto do centro, este ano adicado, como xa sabedes, ao "V Centenario da 1ª volta ao mundo". Con esta temática preparamos os dorsais.



Invitamos un ano máis a E.I. O Parque e o C.E.I.P Sobrado de Nebra. 
Comezou a carreira polos máis cativ@s ata os de sexto.











Logo  a entrega de agasallos,
libros que de seguro lles farán vivir  novas aventuras!!!











Todos os nenos e nenas son uns campións da lectura!!!

Gracias a tod@s por participar!!!