Na biblioteca sempre hai moito traballo por facer: Libros para catalogar, préstamos e devolucións, revisión de libros e mochilas viaxeiras, organización de campañas: Samaín, Nadal...
Pero a tarefa que máis tempo ocupa é a correcta colocación dos libros nos andeis, por iso contamos coa axuda dun grupo de alumnos/as de 5º e 6º para levar a cabo este traballo.
Por parellas acuden cada recreo para axudar aos máis pequenos a escoller o libro que queren levar para a casa e tamén para colocar os que devolven.
"A vosa colaboración é moi importante para o bo funcionamento da biblioteca"
Grazas rapaces e rapazas!!!






No hay comentarios:
Publicar un comentario