CASCABELA
NA ESTRATOSFERA TE ESPERA
No
3º trimestre comezamos a campaña de animación á lectura baseada
no tema do Universo.
As
actividades que imos levar a cabo son as seguintes:
- Exposición de libros sobre o tema.
- Creación dos dorsais para a Carreira pola Lectura con frases e motivos do Universo.
- Xogo: “Aventuras no espazo”. O obxectivo é coñecer o Universo facendo un percorrido por cada un dos planetas. É un xogo de preguntas que os nenos/as terán que responder buscando información nos libros da bilioteca e en internet. Cada vez que chegan a un planeta teñen que ler un libro e completar unha ficha sobre o mesmo para poder conquistar outro planeta.
- Para finalizar a campaña proxectarase un documental sobre o espazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario